Spring 2024 - Recrudescence

Eva Moreda

O’Malley inexperta, púxose todo perdido e clamou Sor Dolor: Máis disto xa non; claro que non. Para o San Martiño xa cansáramos de mercar o xornal e queriamos saber máis de todo: do señor, da vida conxugal que tiña con Sor Elvira Lecumberri; queriamos ver tamén por que Sor Elvira Lecumberri marchara de canda nós e agora volvía. Queriamos pensar que Sor Elvira Lecumberri voltara por nós, porque, igual ca nós, botaba de menos as clases de costura. As primeiras semanas estudabamos a Sor Elvira Lecumberri no dining hall e criamos ver que as outras monxas a trataban diferente: con admiración, con algo de condescendencia tamén. Sor Elvira Lecumberri estaba seria e pálida (porque antes tiña un ton de caramelo, tanned, que dicía Sor Dolor, a anglófila; esa cor perdeuna e nunca a recuperou, non sabemos se no matrimonio, se antes ou se despois). Calada non, porque na mesa falar falaba e tamén lle falaban as demais; de que, non sabemos: sempre fora un misterio de que falaban as monxas entre elas, pero queriamos ver que Sor Mártara a Nova lle falaba a Sor Elvira Lecumberri cun aquel de condescendencia, como cando nos dicía a nós ao volvermos o sábado de nos bañar na poza: Isto que querían facer, de bañarse na poza vostedes sóas sen levar os pololos, non o deron feito. Non o van facer e non o deron feito, e por que? Porque non é así, porque non se pode. Espiabamos logo a Sor Elvira Lecumberri fóra da mesa: tomabamos notas do que facía; viamos que baixaba soa a Agromos, que subía, a horas que non eran moi aló (pero saber non sabiamos tampouco como facía antes de marchar, así que). Seguimos anotando; pouco aprendemos. Foi entón cando se nos formou dentro a todas o pensamento de que algo máis tiñamos que facer, algo máis tiñamos que nos esforzar, se queriamos saber algo que pagase a pena sobre Sor Elvira Lecumberri. Pasamos uns días máis a pensar, e decidimos que, para achegármonos a ela, tiñamos que mandar unha soa de nós cunha misión: desde o día que entráramos en Polar, sempre todo o fixéramos xuntas, pero xa empezabamos a entender que algunhas cousas mellor facelas de unha en unha. Despois de pensar algo máis, escollemos unha de nós, á que chamaremos Imogen. O nome da rapaza - non fará falta que lle digamos - non era de verdade Imogen, pero era polo estilo, e a misión de Imogen era esta: averiguar aquelas 160

Made with FlippingBook flipbook maker