Spring 2024 - Recrudescence
Eva Moreda
as meixelas repoludas, a moitas de nós véusenos por separado ao miolo, formándose como se da nada, as palabras: GIOVINEZZA. GIOVINEZZA. PRIMAVERA. DI BELLEZZA. Saber non sabiamos o que era, ignorantes como éramos das cousas do século, pero logo cando unha vez nos sentamos xuntas a falar das nousas cousas e comparar, vimos que daquela vez se nos ocorrera a todas o mesmo. Puxémonos a buscar e atopamos, e non haberá que dicir que quedamos todas espantadas: marchamos escopetadas poñernos de xeonllos e rezar na capela, porque daquela aínda pensabamos que unha cousa e a outra eran incompatibles (o de rezar, instintivamente, asociabámolo co que era coñecido e o outro co que non: daquela aínda todo o entendiamos en dicotomías). As monxas non poñían reparo ningún, pero sospeitaban tamén. Tanto rezar, dicía algunha cando nos vía marchar sobre a capela (a flamenca non, a outra) ás tres da tarde, ás once da mañá do sábado, despois de cear. Tanto rezar. Por que non estudan, que para iso está aquí? Estuden, que algo terán que facer coa vida o día de mañá (isto último, que as monxas dicían como ao chou, arrepiábanos e confundíanos: nós sabiamos desde había ben de tempo que en Polar palabras como pasado, presente, futuro, non tiñan sentido, pero as monxas, que levaban no colexio desde antes ca nós, nin o cheiraran. nós o que queriamos facer o día de mañá non o sabiamos, pero o que non queriamos facer si: ser monxas). Ao decatármonos, demos en confiar xa menos en Imogen; como non nos fiabamos xa do que nos puidera traer, empezamos a observar nós mesmas tamén a Sor Elvira Lecumberri. Andabamos aceleradas, porque nunca nos ocorrera de non nos fiar dunha de nós, e ao comezo custábanos decatarnos do que viamos. Espiábamolas pola ventá que daba ao patio, recolocando os percais no baúl, e, léndolles os labios, acabamos por ver que era Imogen e non a monxa a que dicía: Isto aquí, Sor Elvira. E isto acó. Non ve? E Sor Elvira Lecumberri dicía que si, e facía, e logo volvía colocar como o puxera ela antes e logo volvía colocar como dixera Imogen. Imogen pegábase a ela máis do que facía falta; Sor Elvira vacilaba primeiro, como se lle quixese escapar (e isto nos sorprendía), pero despois volvía se xuntar ben con Imogen ata a seguinte vez. Que traes hoxe 168
Made with FlippingBook flipbook maker