Spring 2024 - Recrudescence
Eva Moreda
conclusión semellante: que Imogen abrazara o que traía aquel señor que ela nin sequera coñecía porque era unha persoa sen dobrez que entendía as cousas como lle viñan; que o resto das rapazas e tamén Sor Elvira Lecumberri estabamos máis desenvolvidas por dentro, e por iso pechabamos os ollos con medo a todo o que fose máis grande ca nós, e xusto por pechalos estabamos en perigo de que outros nos arrastrasen con eles. (As monxas nin as contabamos: eran xente ben roma). Pensamos tamén que algo había que facer. Agora estabamos todas un pouco máis preto de Sor Elvira Lecumberri, porque a todas nos levaba Imogen de acó para aló polo colexio adiante como ela quería, aínda simple como era. Estarmos niso preto da monxa aquela dábanos algo de consolo, se cadra o único que tivéramos todos aqueles anos en Polar. Aqueles días empezaba tamén a primavera, que chegara algo antes do normal: xa o un, o dous, o tres de marzo, andabamos aceleradas, pinchándonos con máis forza ca nunca aquel cantaruxar que nos saíra de ver a Imogen: GIOVINEZZA. GIOVINEZZA. PRIMAVERA. DI BELLEZZA. (Teimabamos en pechar o oído de dentro e non dabamos feito: decatbámonos de que había algunhas cousas que nin sabiamos facer nin iamos aprender xa). Había tamén as cousas de todos os anos: a teima por írmonos, por fin, bañar á poza, despois de xuntar calor, por dentro e por fóra, o inverno todo. Imogen veu connosco se bañar, e pasou que naquelas horas volvemos pensar que era unha de nós. Isto pensabamos cando na poza lle observabamos a carne, igual cá nosa, repetimos unhas cantas veces para dentro mentres cociamos na auga: mesmo aqueles días primeiros de calor, estaba máis que morna e pouco nos aliviaba os calores. Rematou de se bañar, saíu da poza espida, secouse coa toalla ben preto do corpo e sorriu. Acabou aí outra vez o pensar que era coma nós: porque nós, en Polar, todo o faciamos serias, e era ese o xeito que tiñamos de sobrevivir. (En Imogen, mesmo cando non ría ou sorría, había unha alegría que non era nosa: non era a alegría das rapazas de Polar.) De volta todas en Polar, uns días si que demos tirado para adiante. Tiñamos horror de pensar que era o que habería que facer: 172
Made with FlippingBook flipbook maker