Spring 2024 - Recrudescence
Eva Moreda
máis que a verdade: que, cando a vimos, aló nos botamos todas enriba dela; unhas enriba e outras debaixo. Non crea que o tiñamos tampouco pensado así: isto foi que de dentro de nós saíu aquela forza primeira que tiñamos dentro e que criamos que non, pero Imogen sabía que si. Tamén lle dicimos que coidamos que aquel día botamos fóra de vez todo o que tiñamos daquilo: xa non cremos que nos volva saír nunca máis. De volta en Polar, metéronnos as monxas de urxencia a todas no salón de actos; contamos, e as monxas a todo nos dixeron que si: tamén é verdade que outra cousa non ían facer. Mírenme ben, dixo Sor Mártara a Nova ao rematarmos: están seguras de que dixeron todo o que tiñan que dicir? Dixemos, Madre. Como non lle iamos dicir, Madre. Pois será así logo: vaian agora descansar, e, se algunha non dá feito, que vaia canda Sor O’Malley e que lle faga unha cunca de English breakfast tea. Mañá xa pasou todo. Pasou, Madre, dixemos como un eco, e marchamos. Coidamos que no corredor andaba agachada Sor Elvira Lecumberri, mirando para nós. Nin ladeamos a cara para mirala. Aí nos decatamos que o interese que tivéramos por ela perdéramolo todo: estabamos na idade.
178
Made with FlippingBook flipbook maker